As promesas orzamentarias comprometidas e non gastadas polo goberno de Rajoy en Galiza suman 2.600 millóns de euros

en marea
photo_camera Luis Villares e Manolo Lago.

Desde que Mariano Rajoy chegou ao goberno español (decembro de 2011) comprometéronse orzamentariamente para Galiza 2.590 millóns de euros que non foron gastados, non se executaron. É unhas das conclusións que o grupo parlamentar de En marea fai dos Orzamentos do Estado que foron presentados esta mesma semana. O portavoz Luís Villares e o deputado Manuel Lago non ven motivos para o “triunfalismo” de Núñez Feijóo para unas contas que En Marea considera  “un auténtico bochorno para Galicia”.

Manuel Lago salientou que  contaremos a nivel de Estado con estes orzamentos haberá por volta de 20.000 millóns de euros menos para financiar o gasto e investimento público e protección social. “Non é a recesión senón que estamos ante o proxecto ideolóxico da dereita conservadora do PP e a complicidade de Ciudadanos” denunciou Lago

Luís Villares indica que nos orzamentos estatais hai “unha baixada de investimentos, un empobrecemento nas pensións e do poder adquisitivo do funcionariado, ou a redución do nivel de investimento a niveis de hai 11 anos”. O portavoz de En Marea lamenta “ a falla de proxectos novos para o noso país e que sigan a presentar proxectos que veñen de 20 anos atrás” e critica que “en termos reais o investimento en Galiza é inferior ao de 1997, hai 20 anos”.

Comentarios