Os presos políticos cataláns abandonan a greve de fame
Após 20 días
Jordi Sànchez, Jordi Turull, Josep Rull e Joaquim Forn, os catro presos políticos cataláns que hai 20 días iniciaron unha folga de fame, abandonaron esta medida esta quinta feira. Así o anunciou a súa portavoz, Pilar Calvo, quen asegura que os obxectivos do protesto foron conseguidos: visibilizar a situaión dos presos políticos e “espertar” o Tribunal Constitucional para ‘desatascar’ os recursos presentados.
“Após un ano de inacción, o Constitucional abre o caixón onde os nosos escritos de amparo foran condenados ao esquecemento e ábresenos a porta agora a poder acceder ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos”, indican estes presos nunha carta.
No texto agradecen os apoios e mostras de solidariedade recibidas nestes días, con especial mención ás súas familias e ás “miles” de cartas recibidas en prisión.