PP e PSOE tomban a solicitude de retirar o busto de Fraga do Senado
A proposta foi presentada por Junts, EH Bildu, PNV, BNG, Compromís, Geroa Bai, Más Madrid, Agrupación Socialista Gomera e Eivissa i Formentera al Senat.
A Mesa do Senado por unanimidade rexeitou esta terza feira unha solicitude de dez forzas políticas para retirar dos corredores da Cámara Alta o busto coa efixie do ex presidente de Alianza Popular e ex presidente da Xunta da Galiza, Manuel Fraga Iribarne (PP).
En concreto, os membros do PP e PSOE no Senado descartaron retirar este busto de Manuel Fraga na súa reunión desta terza feira.
A proposta fora presentada por Junts, EH Bildu, PNV, BNG, Compromís, Geroa Bai, Más Madrid, Agrupación Socialista Gomera e Eivissa i Formentera al Senat denunciaron a pasada sexta feira nunha solicitude que a presenza do busto de Fraga é “incompatíbel” coa Lei de Memoria Democrática e co deber dos poderes públicos de garantir "verdade, reparación e non repetición".
As formacións subliñando que unha institución democrática "non pode normalizar símbolos de impunidade nin proxectar recoñecemento público sobre responsábeis políticos vinculados ao franquismo e á represión".
As responsabilidades de Fraga no Franquismo
As dez forzas políticas lembraron que "Fraga Iribarne era o ministro franquista e responsábel da orde pública canto tivo lugar a masacre do 3 de marzo de 1976 en Vitoria-Gasteiz, na que foron asasinados cinco traballadores”.
Hai uns anos, EH Bildu tamén tentou, tamén a través dunha solicitude, retirar o busto de Fraga das dependencias do Senado, aínda que a maioría que conformaban PP e PSOE na Mesa da Cámara Alta por aquel entón tamén descartou mover esta figura alegando que o retrato se colocou en recoñecemento do seu labor durante a transición e como senador.
