MUNICIPAIS 2015
O PP ilustra o seu programa 'Ourense xove' con mulleres en suxeitador
10 de abril de 2015 (16:05 h.)
Na ilustración vese unha ringleira de homes e mulleres mais só elas aparecen medio espidas.
O candidato do PP á alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, deu a coñecer esta quinta feira o seu programa electoral que inclúe un apartado destinado ás propostas en materia xuvenil (páxina 44).
'Ourense xove' é o título elixido para a batería de iniciativas dirixidas á mocidade. As páxinas aparecen ilustradas cunha ringleira de persoas --de aspecto xuvenil-- entre as que se atopan numerosas mulleres, moitas delas en roupa interior ou toallas e cartaces detrás dos que se intúe a súa desnudez.
Pola contra, todos os homes do gráfico aparecen vestidos.