O PP emenda as contas da Xunta para favorecer as rendas altas

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos; a líder do BNG, Ana Pontón; e voceiro do PSdeG, Gonzalo Caballero, no pleno de Orzamentos (Fotos: Arxina)
O proxecto de Orzamentos da Xunta da Galiza para 2022 pasou esta segunda feira o seu primeiro exame no Parlamento galego, tombando o PP as emendas da oposición que exixían a devolución das contas ao Goberno galego. O 21 de decembro debateranse no pleno as emendas parciais, incluída unha do PP que ten por obxectivo eliminar a suba do imposto IRPF ás rendas máis altas. Os de Feixoo procuran así que non se leve a cabo a creación dun novo tramo que eles mesmos incluíron nos orzamentos e que elevaría este imposto no ano 2022 para as rendas máis elevadas da Galiza, as que superan os 100.000 euros. 
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.