O PP emenda as contas da Xunta para favorecer as rendas altas

O proxecto de Orzamentos da Xunta da Galiza para 2022 pasou esta segunda feira o seu primeiro exame no Parlamento galego, tombando o PP as emendas da oposición que exixían a devolución das contas ao Goberno galego. O 21 de decembro debateranse no pleno as emendas parciais, incluída unha do PP que ten por obxectivo eliminar a suba do imposto IRPF ás rendas máis altas. Os de Feixoo procuran así que non se leve a cabo a creación dun novo tramo que eles mesmos incluíron nos orzamentos e que elevaría este imposto no ano 2022 para as rendas máis elevadas da Galiza, as que superan os 100.000 euros. 
O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos; a líder do BNG, Ana Pontón; e voceiro do PSdeG, Gonzalo Caballero, no pleno de Orzamentos (Fotos: Arxina)
photo_camera O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos; a líder do BNG, Ana Pontón; e voceiro do PSdeG, Gonzalo Caballero, no pleno de Orzamentos (Fotos: Arxina)
O Parlamento galego, cos votos do PP, rexeitou as emendas á totalidade dos grupos da oposición -BNG e PSdeG- ao proxecto de Orzamentos da Xunta de 2022 e á Lei de medidas fiscais e administrativas…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios