Inicio do curso escolar

O PP afirma que a gratuidade dos libros de texto é "café para todos"

Alberto Pazos defende a política educativa da Xunta.
O portavoz parlamentario do PP, Alberto Pazos. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O portavoz parlamentario do PP, Alberto Pazos. (Foto: Nós Diario)

O portavoz do PP na Cámara galega, Alberto Pazos, sostivo esta segunda feira que a Xunta da Galiza está a pór "todo o que está na súa man" para que o inicio de curso se produza "con total normalidade". Neste sentido, indicou que a Consellaría "intensifica este ano o seu apoio ás familias con medidas que lle permitirán aforrar máis de 100 millóns 
de euros".

Unha política que o representante do Partido Popular contrapuxo á "teima" da oposición de reivindicar que se recupere a gratuidade dos libros de texto, o que para Pazos é un "café para todos". A gratuidade é defendida non só polos partidos da oposición, senón polos diferentes actores da comunidade escolar, representantes do profesorado e ANPA.

Pazos tamén tratou na súa comparecencia o traspaso da AP-9 a Galiza, que se debaterá no pleno desta semana na Cámara. Dixo que o PP defende unha transferencia que "non supoña unha carga económica" para as galegas e galegos.

Comentarios