Pontón reclama axudas para reparar os danos das riadas

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, visitou onte Tomiño para coñecer de primeira man os danos causados polas fortes choivas dos últimos días, que causaron importantes danos en municipios das comarcas do Baixo Miño e do Condado. 
Ana Pontón, no centro, e o deputado Manuel Lourenzo, á dereita, con representantes institucionais do BNG dos conellos afectados. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Ana Pontón, no centro, e o deputado Manuel Lourenzo, á dereita, con representantes institucionais do BNG dos cocellos afectados. (Foto: Nós Diario)

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, visitou onte Tomiño para coñecer de primeira man os danos causados polas fortes choivas dos últimos días, que causaron importantes danos en municipios das comarcas do Baixo Miño e do Condado. 

Os danos afectaron infraestruturas de todo tipo: pontes, estradas, instalacións deportivas, parques infantís e bens patrimoniais de gran valor cultural. É por isto que Pontón insta o Goberno galego a pórse en contacto cos responsábeis municipais e "pisar o territorio". "Estamos ante un Goberno do Partido Popular que, moitos días despois dos danos causados polas intensas chuvias, nin está, nin se lle espera, amosándose unha vez máis insensíbel ante os problemas da xente do común, instalado na rutina, sen pulso político e incapaz de dar solucións", declarou a portavoz da formación nacionalista. 

A líder do BNG visitou os danos provocados no concello de Tomiño, como os rexistrados na fortaleza de Goián, e avanzou medidas propostas no Parlamento galego. 

Plan de protección

O BNG propón habilitar unha partida extraordinaria de axudas para afrontar os gastos de reparacións, así como aprobar un plan de protección, conservación e restauración dos bens culturais afectados polas riadas do mes pasado

Pontón aproveitou a visita á localidade tomiñesa para instar a Xunta da Galiza a estabelecer contacto cos Concellos afectados e a facer unha avaliación dos danos."Neste momento hai que estar do lado das veciñas e dos veciños, falar coas persoas afectadas, falar cos representantes dos Gobernos locais para pórse á súa disposición ofrecendo axuda, ofrecendo medios, ofrecendo recursos. En definitiva, achegando solucións", concluíu a portavoz da formación nacionalista. 

Comentarios