Só no semanario

Podemos, o combate final

Alegre, Errejón, Iglesias e Bescansa, en Vistalegre I. Unha foto que non veremos en Vistalegre II.

A lóxica de todo ou nada imponse na formación morada, con Iglesias como favorito. Esta fin de semana realízase o conclave podemita, no palacio madrileño de Vistalegre. O Sermos232 debruzouse sobre o asunto.

Iglesias é favorito por unha razón doada de entender: a súa derrota abriría unha crise de consecuencias imprevisíbeis no seo da formación. A de Errejón, en troca, sería de dixestión moito máis levadeira para unha forza política que se fundou hai apenas tres anos e que neste momento é a terceira en representación parlamentar no Congreso e a segunda -eis o máis recente inquérito do CIS, publicado esta terza feiraen apoios demoscópicos.

O medo á crise interna podería levar a sectores das bases a reforzar o seu secretario xeral nun conclave con tintes inequivocamente plebiscitarios.

Unha vez que apareceu como moi evidente que non ía haber hipótese de acordo entre errejonistas e pablistas, Iglesias pisou a fundo o acelerador e esclareceu a todo o mundo que Vistalegre II ía sobre a confrontación de dous modelos de partido e de dous liderados alternativos. Que non cabía a cohabitación. Que compría elexir. Ou todo o nada. Ou Íñigo ou eu.

Esa é a lóxica que explica a decisión de Iglesias de liderar a candidatura ao Consello Cidadán, o máximo órgao podemita entre congresos. Non era preciso que o fixese, sendo que el é o único candidato con opcións reais á secretaria xeral (a postulación do deputado andaluz Moreno Yagüe non pasa de ser puramente testemuñal). Se o fixo foi para remarcar a condición de duelo en OK Corral deste Vistalegre II e para que ninguén na súa freguesía se despistase o máis mínimo. Nada de dividir o voto entre a secretaría xeral e o Consello Cidadán. Iglesias vai a por todas.

A reportaxe, ao completo, tela no semanario Sermos Galiza nº233, xa na nosa loxa