Estatuto: Un país que non pode agardar máis
A Galiza de 2018 non é a de 1981, como tampouco o é o Estado español, Europa ou o mundo. Mais no país continúa a rexir o estatuto aprobado naquela altura e a maioría do PP aposta en afogar calquer mínimo debate sobre a necesidade de reforma estatutaria ou de se dotar dun novo marco. Desde a oposición, porén, apostan en iniciar o camiño cara a un maior autogoberno. Eis un extracto da peza publicada no Sermos Galiza 301.
Mais ese “momento político” semella que non dá chegado. Polo camiño, cataláns e andaluces dotáronse de novos estatutos, os vascos están inmersos na elaboración dun novo texto que teñen claro que queren que sexa “nacional”; e casteláns, murcianos, valencianos ou canarios están mergullados nos seus propios procesos de reforma e revisión estatutaria. E Galiza? Non sabe, non contesta.
Impulso
En Marea e BNG son forzas partidarias de superar o actual marco estatutario. “O modelo autonómico está esgotado e non ofrece solucións”, considera o partido instrumental, que aposta en “avanzar e profundizar no autogoberno”. A autonomía fiscal ou a asunción de competencias en materia laboral son dúas cuestións nas que aprofundar o autogoberno.
[Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 301, á venda na loxa e nos quiosques]