Non puido ser”. Con esta frase resumía en 2007 o daquela presidente Pérez Touriño a imposibilidade de levar adiante unha reforma do estatuto de autonomía de Galiza. As eleccións de 2005 trouxeran a derrota do PP e a formación dun goberno de coligazón entre socialistas e nacionalistas. Comezan entón os debates no Parlamento sobre a reforma do estatuto. Unha aposta que non fructifica perante a oposición rotunda e frontal do PP. “Intentámolo e non puido ser. Haberá que esperar outro momento político”, recoñecía tamén en 2007 o daquela vicepresidente, Anxo Quintana.
Mais ese “momento político” semella que non dá chegado. Polo camiño, cataláns e andaluces dotáronse de novos estatutos, os vascos están inmersos na elaboración dun novo texto que teñen claro que queren que sexa “nacional”; e casteláns, murcianos, valencianos ou canarios están mergullados nos seus propios procesos de reforma e revisión estatutaria. E Galiza? Non sabe, non contesta.
Impulso
En Marea e BNG son forzas partidarias de superar o actual marco estatutario. “O modelo autonómico está esgotado e non ofrece solucións”, considera o partido instrumental, que aposta en “avanzar e profundizar no autogoberno”. A autonomía fiscal ou a asunción de competencias en materia laboral son dúas cuestións nas que aprofundar o autogoberno.
[Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 301, á venda na loxa e nos quiosques]