Oxea di que Rueda fai unha valoración "sobrevalorada" da súa xestión como presidente
O deputado de Democracia Ourensá di que o titular do Goberno galego "confunde desexos con realidade".
O deputado de Democracia Ourensá (DO), Armando Oxea, cualificou de "autocompracente" e de "autobombo" a intervención do presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, na primeira xornada do Debate sobre o Estado da Nación.
Para o parlamentario do Grupo Mixto, o titular do Gobierno galego "confunde desexos con realidade" e lamentou a "pouca atención" aos asuntos da provincia de Ourense.
Reprochou que "só nomeou Ourense" cando falou dos compromisos do presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, durante os incendios que afectaron a provincia o pasado verán. "Nomea urense só para o malo", dixo. "A intervención foi autocompracente, autobombo, unha campaña publicitaria e constatamos a pouca atención que lle fai á provincia de Ourense, cuxa defensa é a nosa razón de ser", concluíu Armando Oxea.