DPG2017

Sete organizacións subscreben en Compostela un ‘Manifesto Internacionalista’ impulsado por Agora Galiza

CUP, Boltxe, Nación Andaluza, Plataforma Laboral e Popular, Comunistas de Castilla e Iniciativa Comunista apostan nunha Internacional que contribúa a coordenar “as luitas da classe operária, das mulheres e dos povos a escala mundial”.

Agora Galiza

Sete formacións políticas de Galiza, Portugal, Euskal Herria, Catalunya, Castela e Andalucía subscribiron este 24 de xullo na capital galega o denominado ‘Manifesto Internacionalista de Compostela’, un documento no que as asinantes mostran o seu “firme compromiso” coa “ruptura” do actual réxime do Estado español e a Unión Europea “mediante a abertura de processos constituíntes”.

O manifesto, impulsado por Agora Galiza, analiza a “crise estrutural” do capitalismo e a “deslixitimación” do réxime español emanado da transición, ao tempo que acredita na loita organizada como único camiño para tombalo. Desbota as alternativas que cualifica de “ilusionismo eleitoral” e advirte contra reformas e cambios no réxime de cara a unha “segunda transición”, o que para edstas 7 organizacións non é senón unha “nova fraude”.

Estas formacións sitúan como prioridade “articular nas nossas respetivas naçons (...) alternativas rupturistas revolucionárias, de genuíno caráter anticapitalista e socialista”. Neste camiño, afirman que a “linha divisoria” entre ruptura e reforma “passa inelutivelmente polo reconhecimento do direito de autodeterminaçom”.

O documento está asinado por Agora Galiza (Galiza), Plataforma Laboral e Popular (Portugal), CUP (Catalunya), Boltxe (Euskal Herria), Nación Andaluza (Andalucía), Comunistas de Castilla (Castela) e Iniciativa Comunista (Madrid).

Comentarios