O PP dá carpetazo á polémica entre Casado e Díaz Ayuso sen máis explicacións

O presidente do PP, Pablo Casado (David Mudarra).
A direccción do Partido Popular decide fechar o expediente a Ayuso alegando que xa recibiu a información requerida

O PP, após un incesante cruzamento de acusacións de espionaxe e corrupción entre a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e o presidente da formación, Pablo Casado, decidiu dar carpetazo ao caso sen moitas máis explicacións. 

Onte, a dirección nacional do PP anunciou que fechará o expediente informativo aberto a Isabel Díaz Ayuso, despois de achegase a información requirida sobre a contratación da empresa dun coñecido durante os días máis duros da pandemia. 

Así llo tería trasladado persoalmente o líder do PP, Pablo Casado, na reunión que ambos mantiveron na sede nacional do partido a pasada sexta feira.

O lider popular tamén asegurou que "nunca" ordenou investigar á presidenta e amenazou con emprender accións legais contra quen sosteña o contrario. Ademais, defendeu a necesidade de "unir" ao PP e "seguir defendendo xunto a todas as persoas militantes o mellor proxecto de futuro para España", informaron fontes da dirección nacional.

Pablo Casado convocou este 18 de febreiro pola tarde á presidenta madrileña, na sede nacional do PP, para tentar buscar unha saída á profunda crise interna que se desatou no partido, con acusacións de suposto espionaxe e corrupción. Con todo, esa reunión acabou sen acordo.

"Reunión infrutuosa", aseguraron fontes próximas a  Ayuso, que sinalaron que o presidente do PP pediu que a presidenta madrileña "dixese nun comunicado que non fora investigada polo PP" e, "a cambio, levantáballe o expediente" informativo que lle abriu a dirección nacional do PP.

Con todo, a dirección nacional do PP nega que Casado dixéselle que lle pechaba o expediente informativo a cambio de dicir que o PP non a investigou. "Non é a cambio de nada e, tanto é así que o expediente péchase", sinalaron a Europa  Press fontes da cúpula do PP, que recalcaron ademais que se podería non chegar a isto se  Ayuso achegase antes esa documentación que se lle leva pedindo seis meses.

O contrato da polémica

A pasada quinta feira, o secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, anunciou a apertura dun expediente informativo a Ayuso para "culminar as investigacións que se levaron a cabo" sobre o contrato de máscaras en plena pandemia no que supostamente o seu irmán tería mediado. Ademais, avanzou que o partido estudaba a posibilidade de emprender tamén accións xudiciais tras as "gravísimas acusacións, case delituosas" contra Casado.

Porén, Casado trasladou á propia Ayuso que o comunicado que após achegar "a información requirida sobre a contratación de emerxencia durante a pandemia", sen dar máiis datos ao respecto, esta incorporarase ao expediente informativo que lle abriu o Comité de Dereitos e Garantías do partido "para concluílo satisfactoriamente", segundo informaron desde o PP.