O BNG deixa o goberno de Lugo
21 de novembro de 2012 (03:29 h.)
A asemblea local do BNG de Lugo decidiu a pasada terza feira deixar o goberno municipal após a imputación de López Orozco no caso Pokemon.
Nunha concorrida asemblea, a militancia da localidade de Lugo decidiu que @s concelleir@s nacionalistas deixen o goberno municipal após ser imputado o alcalde da cidade amurallada, López Orozco.
A decisión contou co apoio dunha ampla maioría d@s militantes, porén, non será até esta cuarta feira cando debullen polo miúdo os motivos da súa saída e os posicionamentos que adoptarán desde a localidade nesta nova etapa.