Entrevista

Néstor Rego: "Co acordo BNG - PSOE evidenciouse a utilidade do nacionalismo"

O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, debulla o acordo de investidura co PSOE para Nós Diario.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, na entrevista con Nós Diario (Arxina)
photo_camera O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, na entrevista con Nós Diario (Arxina)

O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, avanza que a negociación co Goberno do Estado continuará no debate dos orzamentos. "Reunirémonos nos próximos días e haberá unha canle de diálogo permanente", explica Rego.

—Foron as "excesivas concrecións" do BNG as que dificultaron o acordo co PSOE nun inicio?

Eu non creo que fosen excesivas, creo que foron as necesarias. Para que un acordo teña credibilidade e sexa verificábel precisa medidas ben definidas e uns prazos de execución.

—Houbo unhas primeiras reunións pouco exitosas e unha negociación final a contrarreloxo?

Realmente houbo cinco ou seis reunións. Polo tanto, o acordo estaba moi traballado e coñecíamos as posicións uns dos outros. O que aconteceu foi que no último momento mudaron as circunstancias e iso obrigou o PSOE a dar pasos que antes se resistía a dar. O voto decisivo do BNG fixo que o acordo fose posíbel nos termos que nós entendíamos que tiña que darse, atendendo os problemas urxentes do país e co obxectivo de mellorar a vida das galegas.  

—Chegou a participar Pedro Sánchez na negociación?

O diálogo produciuse con Adriana Lastra, Rafael Simancas e, nos últimos momentos, tamén coa ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e coa vicepresidenta Carmen Calvo.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios