mércores 26.02.2020

Néstor Rego non asistirá á sesión de apertura da lexislatura presidida por Filipe VI

O deputado do BNG no Congreso lembra que a lexislatura real “xa comezou o 3 de decembro".

Néstor Rego non asistirá á sesión de apertura da lexislatura presidida por Filipe VI

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, confirmou que non asistirá á apertura da XIV Lexislatura no Congreso, previsiblemente o próximo 3 de febreiro, un acto presidido polo rei Felipe VI.

Preguntado ao respecto nunha rolda de prensa celebrada esta terza feira, Rego dixo que non estará presente, unha decisión que cualifica de "coherente" coa liña política da súa formación, xa que tampouco asistiu á rolda de consultas co monarca español para a investidura.

"Entendemos que a lexislatura xa comezou o 3 de decembro coa toma de posesión dos deputados e comezou, evidentemente, coa sesión de investidura e polo tanto esta sesión carece de sentido dende o punto de vista do propio traballo Cámara ", explicou.

Xuntanza AP-9

Rego reuniuse con diversas asociacións de transportistas, tanto de empresas de transportes de viaxeiros como de mercadorías, para presentarlles o acordo de investidura alcanzado polo BNG, mais sobre todo, o que ten que ver coas peaxes da AP-9.  “A AP-9 é unha vía central no que é o eixo fundamental de desenvolvemento económico do país, que é o eixo atlántico.” apuntaba o deputado. Destacou tamén “que os custos asociados á utilización desta vía de alta capacidade, supón un incremento dos custos para moitas empresas, sexan de distribución como de produción, afectando negativamente á competitividade.”

comentarios