UNHAS PRIMARIAS DAS XERAIS QUE MUDARáN O TABOLEIRO POLíTICO

As municipais xa están aquí

Encontro nacional do BNG

Esta noite comeza o xogo, ás 0.00 horas da sexta feira. Non son unhas municipais máis, son unhas eleccións que se apresentan como primarias das xerais de final de ano. Estamos ante unha campaña decisiva para o reparto do poder no Estado. Nela o nacionalismo galego parte cun obxectivo claro: reforzar o seu poder municipal e preservar o rol da Galiza como país.

 

2015 é unha competición eleitoral a duplo partido. O 24M dispútase a ida. En novembro/decembro (talvez en setembro?), a volta. En xogo, a hipótese de abrir un escenario de cambio. Na Galiza, a incógnita está en se ese escenario se vai ou a declinar en coordenadas galegas.

Os partidos españois téñeno claro: do que se trata é de colocar o foco sobre a hipótese de mudanza en España. Galiza non aparece no seu temario. A cobiza de mudanza comezou co listón ben alto: era o réxime político o que en teoría se ambicionaba mudar. A estas alturas -coa queda en desgraza de Monedero, o referente da ala de Podemos menos asimilábel polo sistema- o impulso rupturista perdeu  folgos e sobre a mesa o máis que se coloca é simplesmente o obxectivo da derrota do Partido Popular por parte das distinta variantes da esquerda (desde o centro-esquerda do PSOE até a emerxente neosocialdemocracia de Podemos pasando polo esquerdismo de IU) ou un aparente pulso ao bipartidismo que en teoría agacha a vocación de se emprestar como muleta para salvalo (ben sexa en Andalucía, transferindo os votos a Díaz, ben sexa no Estado, apoiando eventualmente ao PP), tesitura na que se acharía Ciudadanos.

Na Galiza a incógnita está en se o escenario eleitoral se vai ou non declinar en coordenadas galegas

E Galiza?

Na Galiza a partida vai sobre a hipótese de manter un espazo político propio, sobre a posibilidade de que o país non desapareza politicamente como unha entidade de seu. "Nós temos claro que os resultados das municipais van condicionar moito o mapa político e eleitoral de cara ás xerais", afirmou Xavier Vence nas páxinas de Sermos Galiza, en conversa co director do meio, Xosé Mexuto (ver número 143).

 

A íntegra deste reportaxe tela ao teu dispor no número 144 do semanario Sermos Galiza, o único en lingua galega disponíbel nos quiosques. Está desde esta quinta feira nos pontos de venda habituais e podes obtelo tamén na nosa loxa.