UNHAS PRIMARIAS DAS XERAIS QUE MUDARáN O TABOLEIRO POLíTICO

As municipais xa están aquí

Esta noite comeza o xogo, ás 0.00 horas da sexta feira. Non son unhas municipais máis, son unhas eleccións que se apresentan como primarias das xerais de final de ano. Estamos ante unha campaña decisiva para o reparto do poder no Estado. Nela o nacionalismo galego parte cun obxectivo claro: reforzar o seu poder municipal e preservar o rol da Galiza como país.

Encontro nacional BNG municipais 2015
photo_camera Encontro nacional do BNG

2015 é unha competición eleitoral a duplo partido. O 24M dispútase a ida. En novembro/decembro (talvez en setembro?), a volta. En xogo, a hipótese de abrir un escenario de cambio. Na Galiza, a incógnita está en se ese escenario se vai ou a declinar en coordenadas galegas.

Os partidos españois téñeno claro: do que se trata é de colocar o foco sobre a hipótese de mudanza en España. Galiza non aparece no seu temario. A cobiza de mudanza comezou co listón ben alto: era o réxime político o que en teoría se ambicionaba mudar. A estas alturas -coa queda en desgraza de Monedero, o referente da ala de Podemos menos asimilábel polo sistema- o impulso rupturista perdeu  folgos e sobre a mesa o máis que se coloca é simplesmente o obxectivo da derrota do Partido Popular por parte das distinta variantes da esquerda (desde o centro-esquerda do PSOE até a emerxente neosocialdemocracia de Podemos pasando polo esquerdismo de IU) ou un aparente pulso ao bipartidismo que en teoría agacha a vocación de se emprestar como muleta para salvalo (ben sexa en Andalucía, transferindo os votos a Díaz, ben sexa no Estado, apoiando eventualmente ao PP), tesitura na que se acharía Ciudadanos.

Na Galiza a incógnita está en se o escenario eleitoral se vai ou non declinar en coordenadas galegas

E Galiza?

Na Galiza a partida vai sobre a hipótese de manter un espazo político propio, sobre a posibilidade de que o país non desapareza politicamente como unha entidade de seu. "Nós temos claro que os resultados das municipais van condicionar moito o mapa político e eleitoral de cara ás xerais", afirmou Xavier Vence nas páxinas de Sermos Galiza, en conversa co director do meio, Xosé Mexuto (ver número 143).

Dupla campanha eleitoral municipais 2015A íntegra deste reportaxe tela ao teu dispor no número 144 do semanario Sermos Galiza, o único en lingua galega disponíbel nos quiosques. Está desde esta quinta feira nos pontos de venda habituais e podes obtelo tamén na nosa loxa.

Comentarios