Iglesias exixe a dimisión do ministro

Multa de 30.000 euros a Borrell pola venda de accións de Abengoa

Vendeu por conta dun terceiro 10.000 accións de Abengoa por un importe de 9.030 euros, o 24 de novembro de 2015. Todo isto tendo información privilexiada. Pouco despois a firma solicitou concurso de acredores.

Josep Borrell. 30 de setembro de 2016
photo_camera Josep Borrell. 30 de setembro de 2016

O BOE publicou a sanción da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) ao ministro de Exteriores, Josep Borrell, pola venda de accións de Abengoa. O socialista foi multado con 30.000 euros polo organismo regulador por entender que cometeu unha “infracción moi grave” ao usar información privilexiada nesa operación.

O CNMV conclúe que Josep Borrell levou a cabo unha infracción moi grave do artigo 282.6 en relación ao artigo 22.5 da Lei do Mercado de Valores.

Este incumprimento chegou após a venda por conta dun terceiro de 10.000 accións de Abengoa por un importe de 9.030 euros, o 24 de novembro de 2015. Todo isto tendo información privilexiada sobre este emisor. As acción vendidas non lle pertencían a el senón a unha persoa do seu entorno próximo.

Xusto despois desta venda, a empresa solicitou o concurso de acredores (tiña unha débeda neta de 6.300 millóns de euros).

A noticia xa provocou unha serie de reacción políticas. Pablo Iglesias pediu a dimisión do ministro. “Este goberno non se pode permitir un ministro sancionado pola CNMV por vender acción con información privilexiada. Respeto a Borrell pola súa intelixencia e a súa altura política e creo que dimitirá sen necesidade de que llo exixamos. Hoxe ten a oportunidade de dar exemplo”.

Comentarios