Unha muller de Dozón non pode votar por figurar “dada de baixa por defunción”

Captura de pantalla do vídeo, en que se pode ver Vila López, candidata do BNG, coa señora que non puido votar

O BNG de Dozón denunciou este domingo que unha muller de avanzada idade non puido exercer o seu dereito ao voto por figurar “dada de baixa por defunción”.

O BNG vén de solicitarlle ao Concello de Dozón que emende o “erro manifesto” que impediu votar unha señora de avanzada idade que figuraba dada de baixa por defunción.

Así o puxo de manifesto a forza nacionalista a través das redes sociais nunha gravación en que se pode ver a citada señora xunto a candidata do BNG, Mar Vila López.

No vídeo achégase o alcalde de Dozón, Adolfo Campos, para saudar a señora e Vila López pono en coñecemento da situación. O BNG informa que soubo de que a muller figuraba de baixa por defunción cando lle preguntaron á oficina central do INEM.

O BNG de Dozón esixe que se corrixa o erro para evitar problemas administrativos á veciña.