Unha muller de Dozón non pode votar por figurar “dada de baixa por defunción”

O BNG de Dozón denunciou este domingo que unha muller de avanzada idade non puido exercer o seu dereito ao voto por figurar “dada de baixa por defunción”.

Sin título
photo_camera Captura de pantalla do vídeo, en que se pode ver Vila López, candidata do BNG, coa señora que non puido votar

O BNG vén de solicitarlle ao Concello de Dozón que emende o “erro manifesto” que impediu votar unha señora de avanzada idade que figuraba dada de baixa por defunción.

Así o puxo de manifesto a forza nacionalista a través das redes sociais nunha gravación en que se pode ver a citada señora xunto a candidata do BNG, Mar Vila López.

No vídeo achégase o alcalde de Dozón, Adolfo Campos, para saudar a señora e Vila López pono en coñecemento da situación. O BNG informa que soubo de que a muller figuraba de baixa por defunción cando lle preguntaron á oficina central do INEM.

O BNG de Dozón esixe que se corrixa o erro para evitar problemas administrativos á veciña.

Comentarios