mércores 14/04/21

A moción de censura contra Jácome en Ourense queda a un voto de facerse realidade

A proposta do grupo municipal socialista contou con 17 apoios fronte a 10 opinións contrarias, se ben non saíu adiante porque as sinaturas dos edís críticos de Democracia Ourensá non teñen validez neste tipo de procesos.
Jácome nunha rolda de prensa este mes. (Foto: Europa Press)
Jácome nunha rolda de prensa este mes. (Foto: Europa Press)

A inestabilidade no Goberno local de Ourense, terceira cidade da Galiza en poboación, continúa. Despois de que un dos dous compañeiros do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, regresase ao cargo tras unha baixa pola Covid-19, aprobouse a saída do Partido Popular da Xunta de Goberno (á que se unira de forma puntual). Nesta sexta feira estivo a piques de saír a diante a debatida moción de censura pero o PSOE non contou con votos validos suficientes para apear ao rexedor do cargo.

A moción presentada polo PSOE, pola vía da urxencia, instaba ao resto a asinar “xa” para substituír a Pérez Jácome no seu cargo pola suposta chantaxe da que tivo coñecemento a Fiscalía.

Se ben é certo que esta solución leva sobre a mesa desde hai meses, foi agora cando se impulsou. O asunto conseguiu saír do pleno con 17 votos a favor dos propios socialistas, aos que se sumaron o BNG, Cidadáns e os catro edís críticos con Jácome de Democracia Ourensá (D.O.). Un dos concelleiros, de feito, xa non está adscrito.

En contra se pronunciaron o grupo do PP e o resto de D.O., incluído o propio alcalde. No entanto, a iniciativa non chegará a resolver a crise de xestión en Ourense porque as sinaturas dos descontentos non valen para apoiar a moción de censura, o que implica que faltara un apoio para ter a “maioría necesaria”.

A sesión, que se prolongou durante máis de nove horas chegando ao máximo histórico do Consistorio, contou como o portavoz do PSOE, Rafael Villarino, como defensor da idea. “Que máis ten que pasar para destituír ao alcalde”, preguntou.

Desde a bancada do BNG advertiron que quitar o bastón de mando a Pérez Jácome é “urxente e vital” e Ciudadanos reflexionou sobre o poder que ten o PP “pero o grupo municipal atópase á deriva”. “Ten graza que o comentario veña de Cidadáns, que sen dúbida vai en alza”, respondeu a este último comentario o afectado.

"Pantomimas" e Jennifer López

Ademais, a voceira do PP, Flora Moure, cualificou a moción do resultado dunha “rabecha infantil e unha pantomima”. Así criticou o feito de “ditar sentenza xa contra Jácome sen respectar a presunción de inocencia, da que para outras cousas tanto presumen”.

Como curiosidade entre os temas a tratar, o rexedor afirmou que “a contratación de Jennifer López” para un gran concerto no horizonte de 2022 “segue en bo camiño”.

comentarios