Moción de censura en Fene de PP e Somos Fene contra o alcalde do BNG

Ambas as dúas formacións suman 9 dos 17 concelleiros da Corporación.

concello de fene imaxe de Turismo.gal
photo_camera Concello de Fene. Imaxe de Turismo.gal

Os grupos municipais do Partido Popular (7 edís) e de Somos Fene (2) presentaron unha moción de censura no Concello de Fene, gobernado actualmente por unha coligazón formada por BNG (4 concelleiros) e Esquerda Unida (1). A corporación complétase cos 2 representantes do PSOE.

Así o confirmou a Europa Press o portavoz do grupo municipal do PP, Gumersindo Galego, quen destacou que o documento "pasou o filtro de secretaría, reúne os requisitos legais e está asinado por nove concelleiros, dos cales sete son do Partido Popular e os outros dous de Somos Fene". Galego recoñeceu que esta moción de censura "víñase fraguando desde hai tempo", e negou lexitimidade ao BNG, “con 4 concelleiros”, para poder gobernar. “Sempre tivemos moi claro que quen ten que gobernar é o Partido Popular”.

O debate desta moción de censura será o vindeiro 26 de outubro, cando se fan os dez días hábiles desde a súa presentación.

Comentarios