A moción de Castrelo baixo sospeita

A portavoz do PSOE en Castrelo de Miño acusa o PP de tentar comprala.
Concello_de_Castrelo_de_Miño

A portavoz socialista de Castrelo de Miño, Catalina González, realizou durante o último pleno graves acusacións sobre cal serían ao seu entender as razóns ocultas detrás da moción de censura. 

Así, nunha réplica a unha intervención anterior do concelleiro popular, Avelino Pazos afirmou que “o retrato que quere facer da miña persoa é porque a única persoa que queda no grupo socialista son eu. Sabe por que? Porque nin vostede nin José Manuel Baltar conseguiron comprarme. E iso que o intentaron por todos os medios”. A concelleira socialista foi a máis, chegando a sinalar que lle ofreceron “un salario de 42.000 euros” e “un posto na deputación”. 

A posibilidade de que o BNG fose apartado do Goberno de Castrelo de Miño foi unha constante ao longo desta última lexislatura. Unha vez que os nacionalistas perderon a maioría absoluta no concello en 2019, populares e socialistas xa negociaron un posíbel Executivo, que finalmente paralizou a dirección ourensá dos socialistas. 

Diverxencias

As relación entre o PSOE e o BNG neste concello da comarca do Ribeiro estiveron marcados por importantes diverxencias e por un forte conflito, até o punto de que no período entre 2015 e 2019 os socialistas levou en tres ocasións o Goberno nacionalista á fiscalía.  

As fontes nacionalistas e socialistas consultadas por Nós Diario apunta ao presidente da Deputación de Ourense, Xosé Manuel Baltar, como responsábel da moción de censura. 

“Baltar é o director e o aval desta moción de censura”, sinalan a Nós Diario fontes nacionalistas de Castrelo de Miño, quen consideran que “pretende rematar co exemplo de políticas alternativas que representa Castrelo en todo O Ribeiro,  até o punto de que o noso concello se ten convertido no centro de ocio de todo Ourense, o club náutico é o outro Samil de Ourense e, ademais, conta cun desenvolvemento vitivinícola moi importante”.

Segundo estas fontes, “José Manuel Baltar non aforrou esforzos e entregouse de cheo a que a moción de censura saíse finalmente adiante, até que foi o propio presidente dos populares de Ourense quen a presentou publicamente”, indican a Nós Diario desde a dirección dos socialistas ourensáns, que cualifican o comportamento de dous antigos concelleiros como “un caso flagrante de transfugismo político no que se traizoa a vontade dos veciños de Castrelo de Miño”.

O portavoz dos populares e probabelmente futuro alcalde de Castrelo, Avelino Pazos, tamén leva directamente a José Manuel Baltar. 

Traballador da Deputación de Ourense e favorecido por Baltar nun deses ascensos de persoal anulados pola xustiza, foi nomeado por este como candidato do Partido popular contra a oposición da militancia da localidade, descontenta coas súas formas e co feito de que residise noutro concello.

Comentarios