Miguel Tellado carga contra a xestión económica do Goberno de Sánchez

O Partido Popular levou hoxe a campaña electoral a Narón. Nunha visita á localidade, o vicesecretario do PP, Miguel Tellado, aproveitou para cargar contra o Goberno do Estado.

 

O secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado (Arxina).
photo_camera O vicesecretario do PP , Miguel Tellado (Arxina).

Tellado afirmou que o Executivo de Sánchez está "en absoluta descomposición", "só viva pensando na súa propia supervivencia" e non atende os problemas "reais" da sociedade.

O responsábel da área de organización do PP no Estado entende que o Executivo "resta e non suma". Nesta liña, volveu a insistir na necesidade dun cambio de rumbo na acción gobernamental.

O dirixente popular criticou a xestión económica dos socialistas e alertou dos  “problemas para pagar a cesta da compra, cos altos custos da electricidade e para encher os depósitos dos coches".

O vicesecretario do PP acusou ao Goberno de “restarlle crédito a España na esfera internacional". Neste sentido, asegurou que “non entendemos que Sánchez aspire a ser o presidente da Unión Europea cando a metade do seu Goberno é equidistante ao conflito entre Rusia e Ucraína".

Tellado lamentou que Sánchez non aproveitase a última remodelación do Gabinete para facer "cambios máis profundos" e solicitou o cese do ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska e da ministra de Igualdade, Irene Montero.

O senador popular considerou “unha mágoa non utilizar o decreto de convocatoria de eleccións municipais para convocar tamén eleccións xerais e aforrarlle ao país seis meses de agonía gobernamental”.

Un Goberno en estado de "descomposición absoluta"

O responsábel do PP fixo unha lectura moi crítica da situación do Executivo. Nesta dirección, indicou que esta nun estado de "descomposición absoluta", "patrocinando ambicións persoais" e "nunha especie de tripartito, no Goberno máis dividido que nunca".

Tellado concluíu afirmando que “non hai ninguén á fronte do temón. Quédannos seis meses de manual de resistencia para ver se Sánchez consegue gobernar en España aínda perdendo as eleccións”.

Comentarios