O MGS realiza unha proposta para un Día da Patria “abranguente”

Propón constituír unha plataforma aberta que convoque unha mobilización en base a uns mínimos. 

MGS no Día da patria
photo_camera MGS no Día da patria

O Movemento Galego ao Socialismo vén de presentar unha proposta para un Día da Patria “abranguente” e “sen autolimitacións”. O MGS propón que se constitúa unha “plataforma política e social” que teña como tarefas a de convocar e organizar a mobilización, consensuar o discurso e coordenar a propaganda. Unha plataformas “aberta a todas as entidades” que asuman o formato e uns “mínimos discursivos”. Eses mínimos pasarían, entre outras reivindicacións, pola defensa da autoorganización e a autodeterminación, por se centrar nas clases populares, “facendo énfase na ligazón entre loita nacional e social”, ou pola afirmación do internacionalismo e “a solidariedade con todos os pobos”.

O MGS fai esta proposta partindo de entender que o 25 de xullo é unha data para mobilizar “o maior número de persoas pola autodeterminación e a transformación social”. Consideran unha “irresponsabilidade” que o 25 de xullo se limite a “unha mera demostración de forza dunha estrutura política concreta”, para alén de entender “non pertinente” repetir convocatorias como a de 2015, que desde o MGS valoran como “desideoloxizada” e “vagamente galeguista”.

Así, e como manifestan na súa páxina web, apostan nun 25 de xullo “que non sexa músculo, mitin, nin desfile cidadán” mais “unidade e loita” en torno a unhas reivindicacións mínimas: autodeterminación, xustzia social, anti-imperialismo.

Comentarios