Martiño Noriega ve Podemos na futura "concentración parcelaria" da esquerda

O coordenador de Anova mostrouse satisfeito porque entende que os resultados do domingo, coa escolla de Lidia Senra, reforzan o que cualifica de "Internacional dos pobos agredidos".

Anova descendeu a respeito dos resultados das eleccións galegas de 2012, tal e como subliñaron os críticos, mas mantivo a terceira posición na Galiza e conseguiu sen problemas a elección da súa candidata Lidia Senra como nova eurodeputada.

Inquirido pola emerxencia de Podemos, que da nada deveu na cuarta forza política máis votada, Martiño Noriega entendeuna como unha oportunidade para continuar traballando no que cualifica como "concentración parcelaria da esquerda".

O dirixente de Anova expresou a súa satisfacción pola aterraxe de Lidia Senra en Bruxelas, un feito que, entende, reforza o que chamou "Internacional dos pobos agredidos".

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios