Marea acusa o alcalde de Touro de inaugurar “en pleno confinamento” obras aprobadas hai 25 anos

Touro inauguración
photo_camera (Marea Veciñal de Touro)

Marea Veciñal de Touro acusou o alcalde (PP) deste municipio da comarca de Arzúa de “facer sesións fotográficas” de inauguracións malia o estado de alarma e o confinamento.

Esta forza da oposición afirma que o rexedor inaugurou “en pleno confinamento” unha obra aprobada hai 25 anos. “Incumprindo o Decreto vixente e expoñéndose a sancións”.

Desde a Marea dine star “abraiados” ante este comportamento: “É intolerábel que mentras a poboación está confinada nos seus domicilios, o alcalde ande paseando cos seus amigos polas parroquias saltándose a lei”.

Tamén denuncia esta formación que o rexedor local “ten secuestrado o concello xa que desde hai máis de dous meses non respondeu ás propostas que fixo o colectivo veciñal" sobre o coronavirus. 

Recentemente, o BNG de Touro denunciara que concelleiras do Goberno local repartiran máscaras casa por casa, nuns momentos en que este material non era doado de conseguir.  As nacionalistas consideran que aquilo era utilizar a pandemia para facer campaña electoral

Comentarios