José Tomé investido de novo presidente da Deputación de Lugo

O pleno da Deputación de Lugo reelixiu onte como presidente da institución ao socialista José Tomé. Tomé, que compaxinará a responsabilidade coa Alcaldía de Monforte, estará acompañado na vicepresidencia polo concelleiro nacionalista de Sarria, Efrén Castro.

José Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo.
photo_camera José Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo.

Tomé afirmou na súa intervención que “nas eleccións do 28 de maio deuse un voto de confianza a un Goberno de progreso” e avogou por continuar as políticas desenvolvidas polo Executivo bipartito durante os últimos anos.

Neste sentido, asegurou que "a cooperación cos concellos" seguirá sendo o "elemento vertebrador das políticas" que se desenvolvan desde a Deputación de Lugo, á que se referiu varias veces como "o concello dos concellos".

Castro asegurou antes do inicio da sesión de investidura de Tomé que “as negociacións xa están feitas, daremos conta das mesmas a próxima semana".

Asemade, considerou unha “obrigación pór freo aos Gobernos da dereita e a ultradereita no noso país" e puxo en valor o traballo realizado desde a institución nos últimos anos. Castro substitúe no cargo a, tamén, nacionalista Maite Ferreiro, que ao remate do pasado mandato anunciou o abandono do Goberno da Deputación para centrarse na concellaría de Cultura e Turismo de Lugo

Comentarios