Isca! realizou a súa IV Asemblea Nacional

A formación independentista da mocidade elixiu unha nova Mesa Nacional e analizou a situación actual de crise económica e social.
Isca

Baixo o lema “Semente de revolución”, a militancia de Isca!, reuniuse para escoller a nova Mesa Nacional e debater uns documentos centrados en diferentes aspectos políticos e organizativos. Na asemblea analizaron o traballo desenvolvido no período interasamblear e a actual situación de crise económica. Esta asemblea retrasouse no tempo por mor do calendario político das organizacións nas que participan. Na Asemblea elixiuse unha nova Mesa Nacional na que estarán Macías López, Bea Fariñas, Anxo Sánchez, Breixo Lousada e Noa Presas.

"Actualizamos a nosa visión política para ser quen de dar resposta á situación de crise económica e social que estamos a vivir a mocidade, cada vez máis grave", afirma Noa Presas, membro desta Mesa Nacional, "e na elección da Mesa tentamos conxugar experiencia con renovación". Na mesma asemblea analizaron a súa capacidade de intervención política coa súa organización de referencia, o Movemento Galego ao Socialismo.

Comentarios