Investigado o alcalde de Verín por un suposto delito de prevaricación administrativa
En relación a un expediente sancionador da Policía Local.
O alcalde de Verín (comarca homónima), Gerardo Seoane Fidalgo (PSdeG), está a ser investigado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución do municipio, que ten abertas dilixencias por un suposto delito de prevaricación administrativa.
Segundo explican por parte do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) a Europa Press, existen unhas dilixencias previas abertas ao alcalde por este delito.
O rexedor xa foi chamado a declarar e, polo momento, a instrución segue aberta.
Esta investigación débese a un expediente sancionador presentado por dous axentes da Policía Local contra un veciño por "desobediencia, falta de respecto e negativa a identificarse ante a autoridade", o cal, supostamente, Seoane deixou caducar.