Interior paraliza a legalización de Agora Galiza por remitir a documentación en galego

A Secretaría Xeral de Política Interior pide que lle remita os documentos traducidos ao castelán.

agora galiza

A organización Agora Galiza denuncia as dificultades que está a ter no seu proceso de inscrición no rexistro de partidos políticos como consecuencia de remitir a documentación necesaria para ese proceso en galego. “Tem bloqueada a tramitaçom do expediente no Registo de partidos políticos até que lhe remitamos a documentaçom traduzida para espanhol”, afirman.

Sempre segundo a versión de Agora Galiza, desde Interior indicáronlles que até que lle remitan toda a documentación tradudica ao castelán non poderán tramitar a inscrición da organización. “Estamos pois perante umha vulneraçom dos direitos coletivos do povo trabalhador galego, do direito a empregarmos o nosso idioma”, afirman.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios