Gonzalo Caballero: “Non é o resultado que esperabamos”

O candidato do PSdeG di que “o cambio terá que esperar 4 anos máis”.

O candidato dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero (Arxina).
photo_camera O candidato dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero (Arxina).

Gonzalo Caballero principiou a súa intervención na noite electoral referíndose ás “circunstancias excepcionais” en que decorreron estes comicios, marcados pola pandemia do coronavirus. O candidato socialista á presidencia da Xunta defendeu a campaña “digna” e “responsábel” do PSdeG e apuntou a que os socialistas incluso melloraron os seus resultados a respecto de 2016, ao pasar de 17% a 19%.

Porén, recoñeceu Caballero, os resultados son “insatisfactorios”, non só polo feito de que o PP recunca no Goberno galego senón porque “o roteiro de cambio alternativo liderado polo PSdeG non se produce neste 2020”.

“Non son os resultados que esperabamos mais o meu sentido de responsabilidade lévame a seguir liderando o PSdeG-PSOE”, dixo, ao tempo que anunciaba que “desde a oposición” ían centrarse en “defender os galegos e galegas”.

Comentarios