Gonzalo Caballero acusa Feixoo de “escapar das súas responsabilidades” en Alcoa

Acusa a Xunta de carecer dunha política industrial para Galiza.

caballero
photo_camera Gonzalo Caballero

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusou o presidente da Xunta de "pórse de lado" e "escapar" das súas responsabilidades en materia industrial, sector que "deixa descapitalizado".

Preguntado polo anuncio de Alcoa de efectuar un despedimento colectivo na súa planta de San Cibrao, o socialista lembrou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten as competencias en materia de industria. "O importante é que Feixoo teña unha política industrial para Galiza porque os problemas hai que resolvelos traballando", manifestou.

Dito iso, acusou o titular da Xunta de "utilizar os medios públicos" para "dar unha visión unilateral e nesgada" da realidade na Galiza mentres non se fai "responsábel" das súas competencias en sanidade, servizos sociais ou industria.

Comentarios