As eleccións a ollos de... Manuel Gago

“Galiza xógase estar presente no foco onde se toman importantes decisións para o país”

Manuel Gago Mariño, divulgador cultural, xornalista e profesor, valora en relación ás eleccións xerais que Galiza leva tempo estando ausente do foco de decisións e do debate xeral.

gago_fume
photo_camera Manuel Gago

O xornalista e profesor Manuel Gago Mariño considera que “Galiza xógase o que se xoga en todas as eleccións xerais, que é estar presente nun foco onde se toman importantes decisión para o país”. Valora ademais que Galiza leva tempo estando ausente, tanto nese foco de decisións como no debate xeral.

Aprecia Gago nesta campaña que se dá "unha tendencia común na maioría dos partidos de fuxir dos debates que afectan á cidadanía”, en referencia á ausencia de iniciativas de carácter social e económico.

O divulgador cultural considera que na carreira das eleccións xerais os debates están a versar sobre “imaxinarios” e ten a sensación de vivir unha “campaña atípica, de obsesión polos símbolos e as exclusivas”.

En canto ao patrimonio cultural, Gago afirma que “pese a tratarse de competencias das comunidades autónomas, é salientábel a súa ausencia nos programas electorais de todos os partidos”. Engade que algunha formación galega inclúe no seu programa medidas de defensa da lingua, cultura e ensino, pero lamenta a ausencia en todos estes documentos sobre bens culturais móbeis e inmóbeis, materiais e inmateriais.

Comentarios