Asuntos clave para o país dependen das decisións do Congreso

Galiza ten todo por facer en Madrid

Vista do hemiciclo do Congreso na última votación de investidura en xullo 2019 (Europa Press)

As grandes infraestruturas, as deficiencias nas comunicacións, a continuidade das electrointensivaa, a transición enerxética e o autogoberno son os principais asuntos pendentes da Galiza no Congreso das Deputadas.

Todos os partidos coinciden en que é "urxente" ter un Goberno con plenas funcións no Estado para aprobar un estatuto para as industrias electrointensivas que permita a súa continuidade na Galiza. "Máis de 5.000 postos de traballo directos na Mariña, en Ferrolterra, na Coruña e na Costa da Morte dependen disto", explica o deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego.

Coa vista posta tamén nunha "transición enerxética" que traia consigo unha "alternativa" para As Pontes e Meirama, as grandes infraestruturas centran os discursos, co AVE a Madrid como protagonista. Para o deputado do PP Celso Delgado hai un compromiso "incumprido" e Fomento "non dá información", pese a que, nas súas palabras, "Galiza precisa as máximas capacidades de comunicación de cara ao grande acontecemento de 2021: o Xacobeo". Mentres, o socialista Pablo Arangüena asegura que "o Goberno está a facer o máximo esforzo".

Por outra banda, o nacionalista Néstor Rego asegura que Galiza precisa unha "mudanza" do seu "marco xurídico-político" para ser recoñecida como unha "nación" que toma as súas "decisións propias". "Temos pendente a asunción de competencias, pois nos 10 anos do mandato de Feixoo non se asumiu ningunha", engade.

A reportaxe completa pode consultala na edición en papel en Nós Diario ou na súa lectura na nube.