Unha fusión sen ninguén ao volante
A falsa auditoría de KPMG das caixas galegas ispe a xestión de Alberto Núñez Feixóo no proceso que deu a pistolada de saída ao esmiuzamento do sistema financeiro galego. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 297 de Sermos Galiza.
Frances Gibert, un dos responsábeis daquel informe de KPMG encargado pola Xunta sobre as caixas galegas e polo que pagou un millón de euros, recoñece que era un informe “de trazo gordo”, que “en ningún caso” fora unha auditoría das entidades e que nunca recomendara a fusión. Todo o contrario do que o goberno de Núñez Feixóo dicía en 2010, cando presentara ese traballo como o aval definitivo que recomendaba fusionar Caixanova e Caixagalicia.
As declaracións de Gilbert no Congreso colleron, en certa medida, a Xunta nas patacas e ispen a xestión de Feixóo, padriño político da fusión, no proceso de unión das entidades. Que o goberno de Feixóo situaba o traballo de KPMG como basilar para xustificar a fusión evidénciano as declaracións naquela altura de Feixóo e Marta F. Currás (concelleira de Facenda) e as propias notas de prensa da Xunta.
[Podes ler a peza íntegra no número 297 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]