28-M

Formoso chama á mobilización do electorado progresista o 28 de maio

O PSdeG insta a non ceder perante a dereita.
Gómez Besteiro e González Formoso, no centro, nas Pontes. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Gómez Besteiro e González Formoso, no centro, nas Pontes. (Foto: Nós Diario)

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, chamou esta quinta feira, dese o mitin da súa formación nas Pontes, concello do que actualmente é alcalde, á mobilización do electorado progresista porque “non nos podemos permitir dar un paso atrás nos avances sociais” impulsados desde os Executivos socialistas.

Formoso insistiu na importancia do voto e da participación nos comicios do domingo, para que a cidadanía “non teña que arrepentirse cos pasos atrás de todo o que levamos conseguido en dereitos e en transformación das vilas e cidades”. Na mesma liña, o dirixente do PSdeG destacou “a bagaxe” dos socialistas á hora de “garantir as pensións públicas, xestionar os fondos europeos, defender a sanidade e a educación públicas e de calidade ou dinamizar economicamente os concellos”.

Así, reclamou o voto para “non ceder” perante a dereita. O delegado do Goberno español na Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, que partillou acto con Formoso, presentou este último, como “un alcalde que, logo do feche anunciado da central térmica, soubo ler o futuro das Pontes”.

Comentarios