mércores 21/10/20

Felipe VI renuncia á súa herdanza persoal e elimina a asignación oficial de don Juan Carlos

O Rei emérito designou o avogado Javier Sánchez-Junco Mans para que o represente

O rei Felipe VI, nun evento [Imaxe: Europa Press].
O rei Felipe VI renuncia á súa herdanza persoal e elimina a asignación oficial de Don Juan Carlos [Imaxe: Europa Press].

A Casa do Rei anunciou este domingo que Felipe VI renunciou á herdanza de Don Juan Carlos "que persoalmente lle puidese corresponder" e avanzou tamén que o Rei 'emérito' deixa de percibir a asignación que ten fixada nos Orzamentos da Casa de SM O Rei.

Felipe VI renunciou tamén "a calquera activo, investimento ou estrutura financeira cuxo orixe, características ou finalidade poidan non estar en consonancia coa legalidade ou cos criterios de rectitude e integridade que rexen a súa actividade institucional e privada e que deben informar a actividade da Coroa", engade.

O Palacio da Zarzuela emitiu este comunicado por mor das informacións publicadas por varios medios respecto a que Felipe VI aparece como beneficiario de dúas fundacións chamadas "Zagatka" e "Lucum".

No primeiro caso, afirma que o Rei o descoñecía, mais que en tal caso renuncia a ela; no segundo, que tivo coñecemento por un despacho de avogados en marzo de 2019 e que en abril compareceu ante notario para manifestar que dirixira unha carta ao seu pai para que "se fose certa a súa designación ou a da Princesa de Asturias como beneficiarios da citada Fundación Lucum, deixase sen efecto tal designación, manifestando igualmente que non aceptaría participación ou beneficio algún nesa entidade".

O comunicado afirma tamén que don Juan Carlos pediu "que se faga público" que "das dúas Fundacións anteriormente citadas en ningún momento facilitou información" ao seu fillo e que "designou para a súa representación ao avogado "Javier Sánchez-Junco Mans que, no exercicio do dereito á defensa, será a partir deste intre quen proceda a dar conta publicamente das informacións que lle poidan afectar".

[EN AMPLIACIÓN]

Felipe VI renuncia á súa herdanza persoal e elimina a asignación oficial de don Juan...
comentarios