Feixoo en Pontevedra: "Os galegos e galegas precisan dun Goberno de España que tome en serio Galiza"

Feixoo, durante un reparto electoral do PP na campaña das estatais do 10-N. [Imaxe: PPdG]
"España non aguanta máis incerteza nin equivocacións", dixo o presidente do PPdeG, Núñez Feixoo, nun acto con empresarias e empresarios en Pontevedra no que tamén pediu unir voto no Partido Popular para que se recuperen os compromisos con Galiza.

Tras facer fincapé en que España necesita un goberno como o de Galiza, Feixoo destacou que os galegos tamén “precisan dun Goberno de España que se tome en serio a Galiza". Dixo Feixoo que é tempo de non seguir agravando os problemas, senón de buscar solucións, indicando que "podemos empezar a atopalas e a aplicalas votando polo PP o próximo domingo". 

“España non aguanta máis incerteza nin equivocacións”, remarcou Feixoo, quen incidiu en que ou hai un cambio de goberno ou o que se cambiará será o crecemento pola desaceleración, a creación de emprego polo desemprego e a fortaleza industrial pola debilidade.  Así se expresou nun almorzo con empresarias e empresarios esta segunda feira en Pontevedra, no que asegurou que Galiza vai seguir cumprindo cos galegos, aportando estabilidade e certezas, e defendendo os seus intereses. Para Feixoo, os titubeos do Executivo central fan que España estea nunha encrucillada.