martes 07/12/21

Avanza cara a unha "Galiza sen límites" a manifestación do Bloque

Grande acollida da manifestación do Bloque Nacionalista Galego en Compostela, que avanza cara a Praza da Quintana, coa súa portavoz nacional, Ana Pontón, á cabeza.
scuder-min

[En ampliación]

Baixo o lema "Galiza sen límites", botou a andar a tradicional manifestación organizada polo Bloque Nacionalista Galego, ás 12 horas, desde a Alameda compostelá, coa súa líder nacional, Ana Pontón, á cabeza.

Arroupada por unha gran cantidade de persoas, trátase esta da segunda vez que Pontón encabeza esta marcha cunha formación nacionalista que se converteu en segunda forza política após as eleccións do 12 de xullo de 2020.

A manifestación desembocará na Praza da Quintana, xa preparada para a recepción, con todas as medidas, mais, por motivos de seguridade sanitaria, haberá outros puntos con pantallas desde os cales se poderá seguir o discurso de Pontón, que estará acompañada polo secretario xeral de Galiza Nova, Paulo Ríos, as e os demais membros da dirección nacionalista e unha ampla representación das delegacións internacionais convidadas, que no día de onte xa tiveron como protagonista ao presidente de ERC, Oriol Junqueras. A chegada á Quintana tamén se poderá seguir en liña a través da canle de Youtube do Bloque Nacionalista Galego.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Pontón presentará ao finalizar este tradicional encontro un "BNG sen límites" que quere "ensanchar" cada día máis as súas bases e aglutinar ao redor da formación frontista a todas as persoas que levan "Galiza na cabeza e o corazón".

Ademais, o sábado apostou por reforzar as "alianzas" entre as forzas nacionalistas e soberanistas "en defensa da democracia e do dereito á autodeterminación" e fronte á "involución e a derechización do Estado".

Avanza cara a unha "Galiza sen límites" a manifestación do Bloque
comentarios