Entrevistado por 4 directorxs de La Voz, Feijóo cita “Poemas Gallegos” como o seu libro de cabeceira de Rosalía

Talvez Follas Novas?? Quizá Cantares Gallegos? Que libro de Rosalía, símbolo nacional de Galiza por excelencia, é capaz de citar Feijóo. Na sede sabonita, o presidente, malia xogar na casa, esvarou.

quiosque

Catro direccións, unha soa Voz. E un presidente. Ou mellor dito, un ignorante. Amplo despregamento de auto-bombo por parte de La Voz de Galicia na súa televisión, onde como vendendo un holding multinacional -o que, por outra parte non está moi lonxe da realidade, o da venta, digo- déronlle gran pulo promocional á súa entrevista ao titular da Xunta “con catro directorxs”, que non eran máis que os de casa, o do periódico, o da web, a da radio e a da tele, sendo esta última quen realmente amosou saber manexar a cuestión, o resto, estaba alí, facía grupo, nunca mellor dito, porque vender como novidade plural o que é sobre todo mirarse o embigo corporativo, pois non supón avance ningún, aínda que logo a cousa poida quedar máis ou menor ir para diante se se ten en conta quen era o convidado, sempre á defensiva, un señor coa desvergoña de non saber nin sequera o título dun dos libros da poeta nacional do país que preside. Malia que até calquera cativo sabe dicilo ben, Feijóo referiuse a un inexistente 'Poemas Gallegos' de Rosalía. Ese é o nivel. Tráxico.

Un debate de Segunda B

Por outra parte, é ben lembrar que a pasada fin de semana finalizou a Liga de Segunda B. Incriblemente, a prensa española non lle dedicou a ese evento as súas primeiras páxinas. Polo contrario, un feito político de Segunda B, sendo xenerosos, como o debate entre Elena Valenciano e Arias Cañete si chegou a ocupar a capa enteira de xornais. Seguro que conseguiron levantar paixóns nos quiosques con tamaño reclamo.

Comentarios