Eleccións 2020: sen gran pacto á vista

Coa vista posta no outono, o ano político comeza con certezas para PP, PSdeG e BNG, cos seus candidatos e candidata en precampaña desde as primeiras eleccións xerais de abril en 2019, e con todas as expectativas abertas para o resto de formacións.
Votantes nun colexio de Compostela nas últimas eleccións xerais de 2019 (Europa Press)
Votantes nun colexio de Compostela nas últimas eleccións xerais de 2019 (Europa Press)

Os tempos en política avanzan a toda vela e, aínda que faltan oito meses para a chegada oficial do outono, os políticos galegos xa saben que en 2020 van saltar o verán. Fálase de facerlle fronte ao PP de Alberto Núñez Feixoo, que ten a maquinaria a punto para a súa cuarta maioría consecutiva, pero de facto ningún dos líderes da oposición se está a mover nesa liña de momento.

A campaña das eleccións á Xunta comezou co vídeo que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, compartiu nas súas redes sociais para felicitar o Nadal xunto ao seu "irmán" Luis Zahera. O da precampaña é máis difícil datalo, pero algúns foron encadeando estratexias desde as eleccións xerais do pasado abril, pasando polas municipais de maio e as segundas estatais de novembro.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios