Efrén Castro e Iria Castro, elixidos deputados provinciais por Lugo do BNG

Efrén Castro Caloto e Iria Castro Fernández serán os representantes do Bloque Nacionalista Galego na Deputación de Lugo a partir da conformación da corporación provincial. No acto que se celebrou hoxe no xulgado de Lugo onde as concelleiras e concelleiros electos da xunta electoral de zona de Lugo elixiron os deputados provinciais acadados tras as eleccións municipais do 28 de maio, onde o BNG acadou dúas actas. Ademais de ser referendadas polos correspondentes órganos da fronte nacionalista. Deste modo o BNG fai unha aposta "pola renovación e a continuidade do grupo provincial na Deputación de Lugo. O papel do BNG será clave para a gobernabilidade da institución", afirma. Efrén Castro Caloto é o actual voceiro do BNG no concello de Sarria e Iria Castro Fernández, actual edil do BNG en Castroverde.

bng deputacionb lugo
Comentarios