Denuncian o "malgasto" de Sogama en externalizacións

900.000 euros a unha empresa foránea por "asesoramento"
Planta de reciclaxe de Sogama. (Foto: Sogama).
photo_camera Planta de reciclaxe de Sogama. (Foto: Sogama).

O PSdeG criticou onte na Cámara galega que a Xunta e Sogama externalicen a realización da folla de ruta para o cumprimento dos obxectivos marcados pola Unión Europea, cun contrato de case 900.000 euros que tachou de “malgasto” dos cartos públicos que podería ser asumido polos técnicos da administración. 

A deputada socialista Paloma Castro preguntou por este contrato á conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, para saber en detalle en que consiste o “asesoramento e asistencia técnica para abordar con urxencia o desafío climático ambiental” e porqué se deriva a unha empresa externa, con sede fóra da Galiza, á administración.

Ademais, recordou que a Xunta aprobou no 2019 a Estratexia Galega de Cambio Climático que marcaba o mesmo camiño e que agora “evidénciase o seu fracaso”.

Reclamou á conselleira que en vez de "gastar" os cartos deste modo, os empregase, por exemplo, “reforzando as subvencións aos concellos para implantación de medidas que contribúan á reciclaxe dos biorresiduos na medida en que boa parte dos pequenos concellos non dispoñen dos recursos para a implantación do colector marrón ou sistemas similares e, polo tanto, quedarían fóra da bonificación do 15% non canon de Sogama”.  Entendemos que esta licitación responde ao dito de que non saben onde meter o diñeiro", censurou a deputada.

Un tema no que tamén ten incidido o BNG, con críticas a un modelo "superado" de xestión de residuos e que, como ten sinalado o deputado nacionasitúa a Galiza "á cola" en reciclaxe e compostaxe.

A conselleira Ánxeles Vázquez respondeu ás críticas que ese servizo externalizado acaba de ser concedido e "permitirá deseñar unha folla de ruta en Sogama" coa visión dun grupo de expertos que se engadirá á do "grande equipo humano" da empresa pública.

Comentarios