David Rodríguez reclama máis investimento para o plan de xestión da Ribeira Sacra, O Iribio e O Courel

En Marea presentou no Parlamento de Galicia unha proposta para que a candidatura a declaración de reserva da biosfera da Ribeira Sacra e as Serras do Iribio e Courel teña respaldo tanto no económico como na acción de preservación dos territorios desde o punto de vista natural. 
David Rodríguez, deputado do Grupo Mixto. (En Marea)
photo_camera David Rodríguez, deputado do Grupo Mixto. (En Marea)

O deputado ourensán David Rodríguez, do Grupo Mixto, defendeu un incremento dos recursos de até un millón de euros e, entre outras medidas, paralizar os parques eólicos proxectados ou en obras para os territorios que aspiran a conseguir esta protección. 

Ademais dos recursos e da protección ambiental, En Marea propón tamén a celebración dunha serie de foros para debater sobre a reserva nos que participen os colectivos sociais de todas as poboacións afectadas por esta denominación.

A inmensidade do territorio escollido (10,3% da superficie galega), unida “ás enormes necesidades de investimentos en materia de conservación da natureza farían necesario un maior esforzo da Xunta neste sentido”, sostén Rodríguez, que pide que sexan convocados todos os axentes socioeconómicos e forzas políticas representadas nas corporacións municipais para debater sobre o proxecto.
 

Comentarios