O Constitucional rexeita o recurso da Xunta contra a lei de amnistía ao ‘procés’
O Tribunal Constitucional (TC) desestimou o recurso de inconstitucionalidade que presentou a Xunta da Galiza contra a lei de amnistía ao 'procés', ao entender que as súas alegacións son as mesmas que as realizadas por outros territorios presididos polo mesmo Partido Popular, tamén rexeitadas.
Así, a Xunta impugnaba a lei que perdoou o 'procés' no seu conxunto, denunciando que era incompatíbel coa "prohibición constitucional de amnistiar" e principios como a seguridade xurídica, a igualdade ou a separación de poderes, entre outros.
O Constitucional incide en que as alegacións de inconstitucionalidade formuladas polo Executivo do 'popular' Alfonso Rueda son "basicamente coincidentes" coas resoltas na sentenza que xa avalou a amnistía o pasado xuño.
A sentenza conta así cos votos particulares dos maxistrados Ricardo Enríquez Sancho, Enrique Arnaldo Alcubilla, Concepción Espejel Jorquera e César Tolosa Tribiño.
