O Concello de Pontevedra recorre a prórroga de Ence

Así o decidiu a Xunta de goberno após non obter resposta do Ministerio no requirimento rexistrado hai máis dun mes.

Ence
photo_camera [Imaxe Ence]

O Concello de Pontevedra recorre a prórroga de Ence, así o acordou a Xunta de goberno esta segunda feira após non obteren resposta por parte do Ministerio de Agricultura ao requerimento presentado hai mas dun mes contra a decisión de prorrogar a factoría de Ence-Elnosa en Lourizán durante 60 anos máis. 

O portavoz do goberno local do BNG, Raimundo González, asegurou en declaracións aos medios de comunicación que o silencio administrativo debe entenderse --de acordo coa lei vixente-- como unha resposta negativa polo que os Servizos Xurídicos do concello están a traballar xa no recurso cun prazo límite de presentación no 23 de xuño. 

Así mesmo, o executivo levaráo ao vindeiro pleno para que as demais forzas políticas o apoien. A aspiración do goberno liderado por Miguel Anxo Fernández Lores é que a celulosa "non siga aí aínda que a pinten de rosa", asegurou Raimundo González quen reiterou que o executivo "non parará" até que a pasteira "non" saia das marismas de Lourizán"

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios