O Concello de Ourense cambiará o nome da Concellaría de Cultura por "de Artes e Festexos"

O alcalde, que xestiona esta área, entende que "non se pode usar unha sinécdoque: definir unha parte co todo, para confundir os cidadáns"

EuropaPress_3306975_alcalde_ourense_gonzalo_perez_jacome

O Concello de Ourense renomea a Concellaría de Cultura pola Concellaría de Artes e Festexos. Asi o anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, quen xestiona directamente esta área municipal. O rexedor explica que a Concellaría cambiará a súa denominación porque “non se pode usar unha sinécdoque (definir unha parte co todo), para confundir os cidadáns”.

Gonzalo Xácome explica que “a Real Academia Española define Cultura como o conxunto de coñecementos, costumes, ideas, tradicións, propios dun lugar, época, clase social... e, doutra banda, como o conxunto de coñecementos non específicos, (de aí frases como "persoa culta que sabe de todo".. Con todo, advirte Gonzalo Xácome que “un sector con intereses, incorporou un terceiro significado ao vocábulo xenérico de -cultura-, para referirse ao mundo artístico ou de festexos” .

Subliña o alcalde que “os 7 tipos de arte abarcan escultura, pintura, arquitectura, literatura/poesía, danza, música, cinema. E artes escénicas (de escenario), refírense a música, teatro, danza, performances...”

“A insistencia en explotar a sinécdoque obedece a unha táctica para ter un salvoconducto, un escudo de protección, que parece blindar ante críticas artísticas, e que dá renda solta a xustificar calquera dispendio de diñeiro público no entretemento”, asegura Gonzalo Jácome: “Mentres os ianquis usan os termos de Show Business ou Entertainment Industry, aquí englobámolo no vocábulo sacro de -cultura-. E claro, é máis fácil cuestionar gastos se lle chamamos Show ou entretemento, que se o tachamos coa palabra máxica e sacra, porque ao enarborar a -bandeira cultural-, resólvense debates como no medievo resolvíanse ao actuar en nome de Deus”.

Comentarios